III Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia cos Concellos

XORNADA DE URBANISMO NA PROVINCIA DE LUGO

“A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Dende a área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación, na nosa política de fomento e mellora constante dos nosos servizos prestados, e continuando coa implantación e desenvolvemento do Departamento de Asistencia Técnica Urbanística posto en marcha recentemente, somos conscientes de que nos últimos anos, o urbanismo, con todas as modificacións e novidades na súa Normativa de aplicación, e en especial a recente aprobación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, experimentou unha notable influencia no desenvolvemento das actividades económicas, industriais e sociais da nosa Comunidade e está no centro do debate público e político. 

Esta é a primeira ocasión na que a Deputación organiza  unha xornada cos principais e máis salientables actores do mundo urbanístico, tanto a nivel técnico como xurídico, como arquitectos, xuristas, e entidades colaboradoras nesta Xornada como son a Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia, tratando de analizar, dende todas as súas vertentes, pero principalmente dende a máis práctica, os numerosos temas de actualidade que atinxen á actividade cotiá relacionada co urbanismo dentro do Eido Local.

Os debates sobre a problemática do rural, de especial incidencia na maior parte do noso territorio, o que inclúe as actuacións sobre as explotacións agropecuarias, as edificacións existentes no rústico, as segregacións, os fóra de ordenación, etc... conforman a problemática diaria coa que teñen que lidiar os Alcaldes, Secretarios, técnicos municipais e outros axentes intervintes, no desenvolvemento da súa actividade de servizo aos cidadáns, co que cómpre ter unha visión global e real centrada nesta actividade diaria do noso territorio que nos permita mellorar a resposta e actuación práctica por parte dos Concellos.

Prestixiosos expertos, tanto arquitectos como recoñecidos xuristas de diferentes ramas do dereito, tratarán de dar resposta a algúns dos principais interrogantes que están a xurdir nestes primeiros pasos da Lei 2/2016 do Solo, dos que fundamentalmente podemos citar os seguintes:

Data: 31 de maio de 2016
Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo.    

PROGRAMA DO ENCONTRO

Coordinación da Xornada: D. Raúl J. Veiga Lamelas. Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)


Mañá


Tarde


INSCRICIÓNS

» Inscrición en liña: para inscribirse no encontro preme aquí

Prazo: Ata o 27 de maio de 2016.

Organiza: Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos. Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo.        

Destinatarios: Alcaldes, concelleiros, deputados provinciais, outros cargos electos, secretarios, secretarios-interventores, técnicos municipais e da Administración en xeral, arquitectos, arquitectos técnicos, persoal ao servizo dos entes locais e do sector público en xeral, e resto de persoas con intereses no campo do urbanismo.

O aforo está limitado pola capacidade do salón de actos da Deputación, polo que terán preferencia os empregados públicos cuxos postos garden relación co contido da Xornada, así como os colexiados do COAG.      

Diploma: Aos asistentes expediráselles pola Deputación de Lugo e polo COAG un diploma acreditativo da súa asistencia a esta XORNADA DE URBANISMO NA PROVINCIA DE LUGO.