CONVOCATORIA DA XORNADA SOBRE OS EFECTOS XURÍDICOS DERIVADOS DO VENCEMENTO DO PRAZO DE TRANSPOSICIÓN DAS DIRECTIVAS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA.
A contratación pública constitúe un dos sectores no que o desenvolvemento do Dereito Administrativo da Unión Europea ten chegado máis lonxe, e en consecuencia onde a harmonización dos ordenamentos dos Estados membros se está a producir con maior intensidade.
Como é nomeadamente coñecido, a Directiva é un dos instrumentos lexislativos dos que dispoñen as Institucións da Unión Europea para aplicar as políticas europeas. A Unión Europea aprobou no ano 2014 as Directivas de Contratos Públicos de cuarta xeración,que entraron en vigor aos 20 días da súa publicación, se ben a eficacia da derrogación das Directivas ás que substituíron demorouse ata o 18 de abril de 2016, en concreto trátase das seguintes Directivas:
Os distintos operadores da Administración Local da Provincia de Lugo, persoal que traballa nos servizos de contratación, os Secretarios, Secretarios-Interventores, Interventores, levan propoñendo que dende Área de Cooperación cos Concellos da Deputación se organizase unha xornada que analizase os efectos xurídicos da falta de transposición en prazo das Directivas de contratación Pública, e en particular o posible efecto directo.
Dous dos maiores expertos e con maior prestixio en España sobre Contratación Pública tratarán de dar resposta a algúns dos interrogantes que se formulan nun tema de tanto calado, que require dunha análise e estudo detido e pormenorizado, pois teñen máis complexidade xurídica que o posible incumprimento do deber de transposición que é a base do mecanismo do efecto directo. Cómpre destacar que este efecto directo das Directivas de contratación pública é o denominado “vertical ascendente”, o que, como mostra do alcance, na práctica significa que o poden invocar os particulares (en especial os operadores económicos) para facer valer os seus intereses fronte aos poderes adxudicadores, non cabería polo contrario o efecto directo “vertical descendente”, é dicir, os poderes públicos non poderían ampararse nunha norma da Directiva non trasposta en prexuízo dos particulares.
Non é intención descender á análise dos efectos, apuntamos esta breve nota para significar o alcance dunha cuestión que podería semellar que nos queda lonxe “Directivas”, ou “Unión Europea” cando o certo é que pode ter incidencia práctica a todos os concellos da Provincia, polo que acollemos con agrado a proposta que nos fixeron chegar os empregados e autoridades dos concellos, que recollemos e poñemos en marcha con esta Xornada que agardamos sexa de utilidade para os concellos da provincia de Lugo.
PROGRAMA XORNADA SOBRE OS EFECTOS XURÍDICOS DERIVADOS DO VENCEMENTO DO PRAZO DE TRANSPOSICIÓN DAS DIRECTIVAS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA
17 de xuño de 2016
Mañá
9:30 h.- Recepción dos Asistentes e entrega da documentación.
9:45 h.- Apertura do Encontro.
10:00 - 11:30h.- AS DIRECTIVAS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA E O SEU PRINCIPAL CONTIDO. O EFECTO DIRECTO POLA NON TRANSPOSICIÓN EN PRAZO. SIGNIFICADO PRÁCTICO.
Relator: José María Gimeno Feliu. Catedrático de Dereito Administrativo. Universidade de Zaragoza. Presidente do Tribunal de Contratos Públicos de Aragón.
11:30 h.- Pausa café.
12.00 - 13:00h.- O EFECTO DIRECTO DAS DIRECTIVAS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DENDE A PERSPECTIVA DOS TRIBUNAIS ADMINISTRATIVOS DE CONTRATOS PÚBLICOS.
Relatora: Elena Hernáez Salguero. Presidenta do Tribunal de Contratación Pública de Madrid.
13:15 - 14:00h.- Mesa redonda. Cuestións prácticas dos asistentes.
14:00h.- CLAUSURA
Intervención do Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro.
INSCRICIÓNS
» Inscrición en liña: para inscribirse no encontro preme aquí
Para calquera dúbida: Telf: 982 22 78 12 Servizo de Cooperación e Asistencia aos Concellos, cooperacion@deputacionlugo.org
PRAZO: Ata o 15 de xuño de 2016.
LUGAR: Salón de actos da Deputación de Lugo.
DATA: 17 de xuño de 2016.
ORGANIZA: Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos. Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
DESTINATARIOS:
DIPLOMA
Pazo Provincial de Lugo, 3 de xuño de 2016.- O Presidente Darío Campos Conde.- O Secretario Xeral. Manuel Castiñeira Castiñeira.